María Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1948 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 27 de decembro de 2023 (75 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Ocupación | escritora , profesora universitaria , directora de cinema , xornalista , consultora |
Empregador | LRA Radio Nacional (en) , directora (2009–2015) Universidade de Columbia Diario Clarín Comisión Interamericana de Dereitos Humanos Universidade de San Andrés (pt) Noticias (en) El Periodista de Buenos Aires (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
- Non confundir con María Seoane Toimil (Silleda, 1952).
María Seoane, nada en Buenos Aires o 25 de xaneiro de 1948 e finado na mesma cidade o 27 de decembro de 2023, foi unha xornalista e escritora arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como redactora de política nacional da revista El Periodista de Buenos Aires (1985-1989) e do Diario Sur entre 1989 e 1990. A partir de 1994 foi prosecretaria de redacción de política nacional do diario Clarín. Entre 1992-1994 foi redactora xefe da Sección Arxentina da revista Noticias. Desde 1998 dirixiu o suplemento Zona do diario Clarín. Tamén ten publicado colaboracións na revista Di de México, os diarios Uno más uno e El Universal de México e a revista Nova Sociedade de Turín (Italia).
Foi docente no mestrado de Xornalismo da cátedra de Investigación Xornalística da Universidade de San Andrés (Bos Aires), e a Universidade Columbia (Estados Unidos).
Foi consultora da OEA elaborando os informes sobre liberdade de expresión para a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH).
Ten publicado varios libros sobre temas políticos da historia arxentina.
Obtivo numerosos premios entre os que poden mencionarse o Premio Konex (1994), o Premio Internacional de Prensa Rei de España (1998), o premio Cortázar da Cámara Arxentina do Libro (2000), o Premio á Traxectoria da Fundación Henry Moore (2000), o Premio Rodolfo Walsh de Xornalismo, da Facultade de Xornalismo e Comunicación da Universidade Nacional da Prata (2002).
Publicacións
[editar | editar a fonte]- La noche de los lápices (1986), Editorial Contrapunto, levado ao cine por Héctor Olivera
- Menem, la patria sociedad anónima (1990), Editorial Gente Sur
- Todo o nada. Biografía de Mario Roberto Santucho (1991), Editorial Planeta
- El burgués maldito. Biografía de José B. Gelbard (1998), Editorial Planeta
- El dictador. Biografía de J. R. Videla (Coautora) (2001), Editorial Sudamericana
- Argentina. El siglo del progreso y la oscuridad (2006), Editorial Planeta
- El enigma Perrotta, (2011), Sudamericana [1]
- Bravas. Alicia Eguren de Cooke y Susana Pirí Lugones (2014), Sudamericana
- El nieto. La trágica y luminosa historia de Ignacio "Guido" Montoya Carlotto, con Roberto Caballero. (maio de 2015), Sudamericana
- Cuadernos de Caras y Caretas
- La noche de los bastones largos (2006)
- La noche de la dictadura (2006)
- Evita, esa mujer (2007)
- Rodolfo Walsh, la palabra no se rinde (2007)
- La tragedia y la comedia en la Argentina (2008)
- El Cordobazo (2009)